dimarts, 1 de desembre de 2009

Chocolate con certeza

Lin o correo e desveleime aínda máis. Remexíame no leito e pensaba na M., no X., no E., na humidade da casa e ata me sentín un chisco máis alí, e tiven saudades eu tamén da carriza das lastras desas rúas, do viño barato e todo en vida, e chegueina a maldicir por facerme recordar.

Poida que se agradeza escribir de noite, pero escollín esta mañá de leña na salamandra e de choiva miudiña, que ata parece que aprendese a chover neste país de treboadas, tramuntanas e ballóns, que diría o Binino de Cereixa, e quizabes ata dou durmido se canto a canción que agora soa e os dous versos que talvez me salven dun raio mal caído nesta illa.

No correo tamén me manda un cacho de “chocolate con guindilla y cereza”, e eu que o releo e leo “chocolate con certeza”, e agora non sei se odio ou amo o seu correo, pero non me quero decidir: prefiro a choiva, a música e o chocolate coa certeza de vérmonos pronto cun viño mediador.

Que correa!


2 comentaris:

Alberte e Xoseman ha dit...

Saudade da aldea máis grande e cosmopolita do mundo, non si?

Roda el món i torna al Born...

Apertas,

Hermanager

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E ha dit...

XM!

Da aldea máis grande do mundo, si... pero tamén dunha das cociñas máis grandes da aldea máis grande do mundo!

Certo o que dis: o corvo nace na pena e volve pa ela, pero eu, de momento, aínda dou voltas.

Unha aperta forte!

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Creative Commons License
Aquesta obra està subjecta a una llicència de Reconeixement-No comercial-Sense obres derivades 3.0 Espanya de Creative Commons