dimecres, 21 d’agost del 2013

A casa de Cereixa

Hoxe inauguro proxecto fotográfico. É un agasallo para o meu grandísimo amigo Xose, que hoxe fai anos. 


Un Flickr con fotos da súa casa de Cereixa, da familia, dos praceres, das noites, d@s amig@s, dos traballos e dos días.


E estes son os avós do Xose. O Binino e a Ramonita. A foto, polas cores, a posición do sol, a roupa e a idade que lles aproximo, é dalgunha tarde de verán de finais dos anos oitenta. Abrín con ela o Flickr porque teño unha relación case máxica. Gárdoa sempre dentro do Gran Dicionario Xerais da Lingua e nunca sei onde está. Ás veces aparece en "tarabelo", outras en "helicoidal"; chegou a presentarse en "felación". Logo paso as páxinas ao chou e queda aí. Poida que tarde tres días en reaparecer, mesmo semanas. Mais aí están entre as palabras estes mortos que as crearon e as usaron e que me acompañan na escrita, na tradución, na lectura e tamén nas noites da casa de Cereixa.


1 comentari:

isafeu ha dit...

Una sèrie preciosa !
N'hi han moltes d'insuperables!
Ah! i un regal excel·lent pel teu amic.

Petons des de la TorreM, a Q.

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Creative Commons License
Aquesta obra està subjecta a una llicència de Reconeixement-No comercial-Sense obres derivades 3.0 Espanya de Creative Commons