dijous, 29 de gener del 2015

2015, ano Lois Pereiro

Eu, evidentemente, alégrome de que a Casa da Cultura de Monforte se chame Lois Pereiro e que non se lle dedique ao conde de Lemos [tal como informa Praza Pública]. Do mesmo xeito que celebro que sexa real o que di a concelleira do pepé: «[ligar a figura de Lois Pereiro a Monforte] non é unha cuestión pacífica aquí nin na rúa».

Lois Pereiro (fotografía de Vari Caramés)

Se é así, quere dicir que Lois Pereiro segue vivo, zombie para elxs, e dálles noxo que unha persoa ligada á poesía, á droga e á enfermidade, con máis cultura ca todxs elxs xuntxs, poida recibir homexanes ou ser merecente de que o ano 2015 sexa o Ano Lois Pereiro. Dito isto, lembro algunha das reflexións de Isaac Lourido en Livros que nom lê ninguém (Através Editora, 2014), e penso que iso tamén significará ver, por exemplo, o concelleiro de cultura da Xunta —ou o mesmo presidente, ese que se atreve a falar de todo e nin sabe falar— loando a Lois Pereiro e soltando frases rituais e estudadas coa intención de lixar as espiñas e obviar todos os fantasmas que a súa obra segue a espertar.

«Dáme unha dose máis que a noite é triste» Lois Pereiro
 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Creative Commons License
Aquesta obra està subjecta a una llicència de Reconeixement-No comercial-Sense obres derivades 3.0 Espanya de Creative Commons